Escolma de cantigas de amor



Baixar 8,56 Kb.
Encontro11.08.2017
Tamanho8,56 Kb.
ESCOLMA DE CANTIGAS DE AMOR

Bernal de Bonaval
A dona que eu am' e tenho por senhor
amostrádemi-a Deus, se vos en prazer for,
se non, dádemi a morte.

A que tenh'eu por lume destes olhos meus


e porque choran sempr', amostrádemi-a, Deus,
se non, dademi a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer


de quantas sei, ai, Deus!, fazédemi-a veer,
se non dádemi a morte.

Ai Deus!, que mi-a fezestes mais ça min amar,


mostrádemi-a u possa con ela falar,
se non dádemi a morte.

Vasco Gil

Ai mia senhor! quero-vos preguntar:


pois que vos ides e eu nom poss'ir
vosco per rem, e sem grad'a partir
m'hei eu de vós e de vosco morar,
ai eu cativo! por Deus, que farei?
Ai eu cativo!, que nom poderei
prender conselho, pois sem vós ficar!

Nom sei hoj'eu tam bom conselhador


que me podesse bom conselho dar
na mui gram coita que hei d'endurar,
u vos nom vir, fremosa mia senhor.
Ai eu cativo!, de mi que será?
Ai eu cativo!, que hei por vós já
viver em cuita, mentr'eu vivo for!

E os meus olhos nom podem veer


prazer em mentr'eu vivo for, per rem,
pois vos nom virem, meu lum'e meu bem!
E por aquesto querria saber:
ai, eu cativ'!, e que será de mim?
Ai eu cativ'!, e mal dia naci,
pois hei de vós alongad'a viver!


D. Dinís

Senhor, em tam grave dia


vos vi que nom poderia 
mais; e, por Santa Maria,
que vos fez tam mesurada
doede-vos algum dia
       de mi, senhor bem talhada.

Pois sempr'há em vós mesura


e todo bem e cordura,
que Deus fez em vós feitura 
qual nom fez em molher nada, 
doede-vos por mesura
       de mim, senhor bem talhada.

E por Deus, senhor, tomade 


mesura por gram bondade
que vos El deu, e catade
qual vida vivo coitada
e algum doo tomade
       de mi, senhor bem talhada.


D. Dinís

Um tal home sei eu, ai bem talhada


que por vós ten'a sa morte chegada;
veedes quem é, seed'en nembrada:
       eu, mia dona.

Um tal home sei [eu] que preto sente 


de si [a] morte [chegada] certamente
veedes quem é, venha-vos em mente: 
       eu, mia dona.

Um tal home sei [eu], aquest'oíde,


que por vós morre, vó'lo [en] partide;
veedes quem é, nom xe vos obride: 
       eu, mia dona.

ANALIZA AS CANTIGAS:

  1. Fai unha listaxe con todas as palabras que non comprendas. Intenta adiviñar o seu significado polo contexto. Logo, busca no dicionario para saber se estabas no certo.



  1. Subliña as palabras que fagan referencia á descrición da amada



  1. Explica brevemente o tema, personaxes, destinatario e ambiente das cantigas, se é que se ofrece información ao respecto.



  1. Que tópicos propios das cantigas de amor aparecen en cada unha das cantigas?



  1. Sinala os recursos formais empregados: dobre, paralelismo, leixaprén…



  1. Analiza a métrica: número de sílabas, rima macho ou femia e asoante ou consoante.



  1. Cantas cobras e de que tipo ten cada cada cantiga e cantas palavras por cobra? Presentan refrán ou son de mestría?


©bemvin.org 2016
enviar mensagem

    Página principal